Wednesday 08 de May de 2024

O Concello realiza unha actuación en Cela para evitar as filtracións na rede de saneamento en época de choivas


O Concello de Cambre levou a cabo unha actuación na rede de saneamento na parroquia de Cela, na zona inundable do río Mero, para tratar de evitar as filtracións de pluviais nesta canalización e evitar os efectos das crecidas do río na estación de bombeo da parroquia.

En concreto, cambiáronse varias tapas dos pozos do saneamento por outras estancas que evitarán que se infiltre a auga do río na rede.

Desta maneira a auga desbordada do río non entrará de forma masiva na rede e colapsará o bombeo, que sofre periodicamente, sobre todo en época invernal, os problemas das crecidas do río Mero.

A actuación levouna a cabo a brigada de Obras e segundo a concelleira de Servizos, Elisa Pestonit, espérase que mellore a situación.